Thursday 02 de May de 2024

Dous ouros e un bronce para o Boudsport no XXXI Open Internacional Miranda de Ebro


Esta fin de semana o club Boudsport conta con dous ouros e un bronce máis no seu medalleiro tras o seu paso polo XXXI Open Internacional Miranda de Ebro. Sara Gacio Cendal e Mateo Boudjenane Liñares foron os primeiros nas súas categorías, cadete e infantil respectivamente, mentres que Christian Loureiro López subiu ao podio no terceiro posto. Ademais de clubs de toda España na competición participou a selección de Porto Rico.